E tí, de quen ves sendo?

ANACO nace co amor polo lugar onde nacín, Pazos de Borbén (Pontevedra), e polas xentes que loitan por alí habitar. Nace das ganas de dar a coñecer as infinitas posibilidades que ten o rural como medio de vida máis saudabel e sostible.

A misión que me propoño é a de contribuir a divulgar os proxectos de persoas coma ti e coma mi que loitan día a día por un emprego no rural. Buscando sempre unha necesaria reflexión sobre como queremos que seña o noso futuro.

Pazos de Borbén
Fotografía: guiarepsol.com

#desenvolvementorural , #desarrollorural, #anaco, #aldeanadigital , #ruraldevelopment , #emprendemento , #emprendimiento , #trabajo , #empresasrural , #rural