Artesanía con corazón é alma

Revisamos con Brígida de Xearte Brigitte en Santiago o seu modelo de emprendemento

Xeados artesanos con productos do rural

Nesta primeira entrevista falamos de emprendemento, de inversión, de clientes, de produto. Son todos puntos importantes que debes definir se estás pensando en emprender. O importante non é que teñas moreas de cartos, o importante é que teñas claro clarinete onde metelos, así que pensar antes de actuar vaiche aforrar miles de euros. 

Brigida Hermida é de Vila de Cruces, en Pontevedra. Alí siguen vivindo os seus pais, xa maiores, ela visitaos de cotío, dende Santiago sólo hai 40 minutos de coche. Reside en Santiago, é máis cómodo para ela, seguro que me diría “ quen ten tenda que a atenda”. É desas mulleres bravas, que saben decir o que pensan e o que sinten sen medos.

Marchou a Lérida para formarse e logo traballar, Licenciada en Inxeniería Agronoma,  Master en producción porcina, Master en Industria Agroalimentaria, esta rapaza non escatimou en rodearse de coñecemento, do da terra e do de fora, en definitiva, do que lle gustaba. Cando voltou a Santiago seguiu traballando de inxeñeira, entrou nunha cooperativa, asesorou a granxas e entrou no mundo do xeado. A ela, daquela, xa lle andaba un run run de emprendemento, traballar para ela mesma, adicarse o que lle apoixoaba.

Sumou a horta e os xeados e decidiuse polo mundo do Xeado artesanal, aproveitando o produto da terra. Sempre tendo claro que quería valorizar o produto, aproveitou o terreo dos pais, en Vila de Cruces, para proveerse a ela mesma dende a sua horta. Cando comezou a crecer tivo que escoller entre vender ou producir. Os seus pais non podían ter a horta na casa e non votarlle unha man, pero xa non están para esos trotes, así que ela decidiu que o mellor era buscar proveedores con producto de calidade e centrarse na elavoración dos xeados e a xestión da sua empresa.

Cando empezou a axuda que recibiu do IGAPE tardoulle 3 anos en cobrala, e cobrou un 50% do que esperaba. Alén diso, Brigida pensa que  “hai que ser votado para adiante”, as trabas administrativas desaniman a calquera, montar un negocio rentable por si mesmo, a axuda camdp chega agradecese para liquidar préstamos, pero non axuda nos inicios. Imaxínate, 3 anos despois, se espera pola axuda non abre. Esta é unha das melloras necesarias para animar os novos emprendedores.

Xearte Brigitte ten xa 6 anos, cada 14 de Xuño celebran o seu aniversario como unha grande vitoria, un ano máis dun sono cumprido. O seu  local non perdeu a sua esencia inicial e foille incorporando pequenas melloras, unha estantería por aquí, unha decoración por alí, non precisou de moito investimento despois de abrir.  Nos tres primeiros anos contratou  a duas persoas, a partir de ahí tivo que axustar plantilla, e ahora co Covid conta con media xornada. Abriu en Santiago, na rúa de San Pedro,  porque é unha tenda que necesita que moita xente lle pase pola porta, ainda que cada vez é unha compra máis pensada, o xeado é en principio un producto que consumimos por impulso.

  A web leva dende os seus inicios, a usa como unha tarxeta de visita ou unha ficha de presentación, non vende a través da páxina, a ela gústalle a cercanía cos seus clientes, se queren mercar poden achegarse a tenda, encargar por teléfono para recoller na mesma tenda ou pedir a domicilio se residen en Santiago. Este ano están a actualizar a  web, non para mercar a través de ela, senon para contar a sua historia, para acercarse a xente. O que empeza a sonar como Storytelling por ahí, non é máis que eso, detrás de cada empresa hai unha historia, e como consumidores queremos saber non só o que mercamos senon tamén a quen lle-lo mercamos. O famoso “E tí de quen ves sendo ?”

As entregas a domicilio incorporounas este ano, como adaptación o Covid. Ela pechou as portas dende o principio da pandemia, decidiu que seguiría atendendo os seus clientes que non querían baixar polo xeado, e  comunicou que entregaba a domicilio a través das Redes Sociais, Facebook principalmente. Traballa en colaboración con un autónomo de Santiago que se adica o reparto. Os pedidos recíbeos por chamada telefónica. Teñen unhas tarrinas isotérmicas que aseguran que as cualidades organolépticas do producto non se ven mermadas no traslado. Se vas facer unha viaxe máis longa, recomenda que encargues, así ela pode meterlle máis frío e asegurar a calidade do producto na hora de papalo.

Qué nos ofrece?

O 90% da venta está nos xeados, aquí hai pouca costume de granizados e batidos, nótase cando veñen os turistas do Sur de España, moito máis habituados o consumo destas refrescantes bebidas.  Este ano empezou cos gofres e o xeado quente, na procupa de poder dar un producto con máis demanda no inverno. O negocio ten unha estacionalidade marcada, comemos máis xeado no verán, pero xa hai un crecemento do consumo en inverno, é un consumo distinto. En Santiago en inverno non se come xeado na rúa. Imaxina, unha man o paraugas, outra o xeado, e onde levas o cativo ?. Encarganlle para levar a casa, ou cando teñen unha comida cos amigos ou a familia, igual que chegas co viño, podes aparecer co postre, e qué postre ! Unha desas chamadas preguntoulle se podía falar ca floristería da rúa para enviar un agarimo de frores e xeado, alí foi ela atender unha petición moi especial.

85% dos seus clientes  son de Santiago e destes a hostelería representa o 10%

Non dubida en mercar todo o que o rural lle ofrece, o leite nunha granxa de Lugo, ou o 100% galego de Feiraco, requeixo do Condado-Paradanta, queixo,  froita, mel, aromáticas como a menta,… Asegura sempre calidade e trazabilidade. Hai cousas que non consegue aquí, o cacao, a vainilla. A súa prioridade é a calidade e sabe que pode atopala no rural galego. Esto condiciona os sabores que ten en vitrina no día, dependendo da tempada ten que adaptarse para non renunciar a esa calidade.

Poderíamos pensar que estes xeados feitos con tanto coidado terían un prezo moi alto, pero ela prefiere acercar a calidade a todos os bolsillos, e manterse como un dos xeados artesanais máis baratos de Compostela

Xeados artesanos Xearte Brigitte

En Novembro pecha a porta, é un mes frío, e o descanso é necesario. Aproveita para ir a Feiras e seguir formándose. Sole acudir a Feira de Rimini (Italia) e a Intersicop en Madrid, aquí conecta con compañeiros do sector e inspirase para incorporar novidades. No 2018 incoroporouse a 20bajocero, un grupo de investigación de xeados a nivel español, un dos seus últimos encontros foi en Santiago. Nese ano tamén fixo o Master en heladería con premio especial o mellor traballo de investigación. Así conseguiu posicionarse como unha das maiores expertas xeadeiras a nivel nacional. 

Cando terminabamos a entrevista pregunteille se coñecía o Modelo de negocio Canvas, este mantra dos negocios que resume unha actividade empresarial analizando cada punto como: quén che compra,qué che compran, a través de qué canáis, con quén tes acordos, as actividades clave que realizas, a tua estructura de costes a tua fonte de ingresos. Brigida coñéceo moi ben, xa son moitos anos pensando no seu negocio, ela díceme “ quizáis os que teñen máis visión de negocio lles custa entender os conceptos do Canvas e é pode ser moi útil “. E, digo eu, ¿non será por que non llo explicaron na súa lingua?, non me refiro o galego, refirome a lingua das rúas, a das aldeas e pobos espallados polo noso rural, unha ferramenta que axuda a entender os puntos clave da túa actividade económica.

[su_gmap width=”600″ height=”400″ responsive=”yes” address=”Rúa de San Pedro, 70, 15703 Santiago de Compostela” zoom=”0″ title=”” class=””]

Video Brígida Xearte Brigitte

#desenvolvementorural , #desarrollorural, #anaco, #aldeanadigital , #ruraldevelopment , #emprendemento , #emprendimiento , #trabajo , #empresasrural , #rural

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *