Repoblación do rural, redistribución da poboación

Anaco Rural , imaxe freepik

En momentos como os que vivimos nos que vemos en risco a nosa saúde e observamos como os maiores focos da crise sanitaria se concentran nas cidades, [email protected] pensamos neses pobos que deixamos de nenos ou que xa deixaron nosos pais ou avós. Suspiramos pensando nunha forma de vida más saludable e nos espazos privados dos que non podemos disfrutar dende o noso piso de 70 metros sen terraza ( …xa che dixen que mercaramos con terraza Manolo, con terraza !)

Moitas veces pensamos nesa posible volta o rural, pero a maioría das veces queda en soño non cumprido. Este pensamento está hoxe en día máis de actualidade que nunca.

Casa Adora, As Muras, Pazos de Borbén

Falamos de saúde, de espazos e de tempos, porque a velocidade non é a misma na aldea, e de nada sirve idealizar un entorno, o que hai é que coñecelo. Nos lugares onde a natureza está tan presente, ela marca os nosos tempos, o tempo de sementar, o tempo de colleitar, o tempo de vendimiar.

Cada vez a poboación está máis concentrada, se hai anos eran os pobos os que iban quedando vaciados, nos últimos anos o problema traspasouse as vilas, estas foron acollendo poboación pero o modelo económico-político-social no que vivimos nos leva a acabar [email protected] nas cidades, cidades cada vez máis grandes, menos humanas, máis alonxadas da natureza.

“Concentración del capital en pocas manos, concentración de las industrias en polígonos y concentración de la población en ciudades para contar con una oferta de mano de obra abundante, barata, formada" Alipio J. García de Celis, profesor de Geografía Física de la Universidad de Valladolid.

Os grandes cambios migracionais non acontecen da noite o día, son procesos largos, pero o que era moito tempo fai dez anos acortouse neste novo mundo dixitalizado. Hai opcións a pensar que a volta a aldea é máis factible que nunca. O teletraballo, os prezos da vivenda e a calidade de vida son factores determinantes. Ahora ben, cómo se adaptarán estos migrantes dixitais a un entorno tan pouco dixitalizado, tan arraigado as tradicións. Como se adaptarán os autóctonos a estos novos habitantes do que sinten como seu. Abrese un debate sobre a necesidade de atopar solucións conxuntas a convivencia.

Uns precisamos dos outros, o aumento da poboación trae consigo mellora nos servizos, que haia alumnos para que non pechen os coles, que surxan novas necesidades, novos postos de traballo, en definitiva, que se movan os cartos dunhas mans as outras, e que se complete con actividades de lecer. Pero tamén trae problemas por creación de comunidades heteroxéneas, que lles custa chegar a un entendemento, que non aceptan distintas formas de vivir e convivir no rural. Temos o exemplo dos 220 Cottage ingleses queimados en Gales, do que nos fala Sergio del Molino, no seu libro ” La España Vacia”.

Todo está por reinventar, novos modelos de convivencia, nova utilización dos recursos, novos veciños nas aldeas. É momento de pensar que mundo construimos.

anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desarrollo anaco rural emprende desarrollo anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *