Sobre o autor

Ana Adan

Nacín xa fai uns cuantos anos en Pazos de Borbén, con 4 anos meu pai conseguiu traballo embarcado no Porto da Coruña, e para alí marchamos. Crieime en Elviña, o mellor barrio do mundo, pero nunca me esquecín da miña aldea, a que volvía cada verán como se esa fose a parte do ano que realmente importaba.

A vida e o meu gusto por viaxar levoume a vivir en O Porto, Santiago de Compostela, Pamplona, Palma de Mallorca, Orihuela Costa, Madrid, Pontevedra. Empecei a traballar con 16 anos para ter algo de cartos no bolsillo, daquela facía de todo, enquisas, clases a nenos, hostelería,…o que me votaran.

Antes de Licenciarme en Económicas na Coruña entrei en unha empresa de Gran Distribución como xestora comercial . Alí estiven case 15 anos, aprendendo de xestión e de comercio e loitando cunha cultura empresarial moi envellecida.

Dende hai un ano a miña obsesión é voltar á aldea, a Pazos de Borbén, o lugar que me viu nacer. Me gustaría facelo axudando os demáis a, tamén, poder vivir no rural, a través da axuda o emprendemento e a mellora da competitividade das empresas.

A suma de emprego, servizos e cultura antoxanseme esenciais para levar unha vida de calidade no entorno. É nestes ámbitos nos que traballo día a día para poder aportar o meu grao de area a este fermoso obxetivo, é conseguir o meu propio, voltar a aldea.

#desenvolvementorural , #desarrollorural, #anaco, #aldeanadigital , #ruraldevelopment , #emprendemento , #emprendimiento , #trabajo , #empresasrural , #rural