Coa saúde non se xoga

Os negocios non teñen que ser grandes proxectos, os pequenos ganan en humanidade e persoalización e saben chegar o corazón da xente e aportar en positivo no entorno local e rural no que se desenvolven.

Unha historia de emprendemento centrada nas persoas

Con só 27 anos Daniel xa ten toda unha experiencia vital de emprendemento para compartir con nos. Natural de Monforte, marchou A Coruña a estudar, empezou con Terapia Ocupacional pero o ano cambiou para facer o Grado de Fisioterapia na UDC. El xa tiña claro que esto era o que quería facer, pero, como tivo que esperar para obter praza, aproveitou o ano para formarse en Terapia Ocupacional. Os convenios nesta facultade son uns dos mellores do pais e permitiulle ter unha preparación tanto teórica como práctica. Acabou especializandose en Traumatoloxía deportiva.

Nos anos que estibo traballando para outros percibiu que se valoraba a cantidade fronte a calidade, o traballar para aseguradoras provocaba que había que adicarlle demasiado pouco tempo a cada paciente e esto non era o que Daniel buscaba. De esa experiencia aprendeu a traballar cunha equipa que mantiña moi bo ambiente e a valorar o compañerismo, que ben seguro é un dos valores clave do deporte.

Daniel Rodriguez no seu local de Monforte de Lemos anaco desenvolvemento rural

Cando voltou para Monforte foi xa coa intención de emprender, empezou adicandolle tempo a madurar a idea, mentres buscaba información sobre prezos dos locais, ubicacións, establecer contactos como co Colexio de Fisioterapeutas de Galicia, que acabaron sendo un apoio e unha guia nestes primeiros momentos, sobre todo en temas burocráticos para cumprir as esixencias de Sanidade e asegurar a accesibilidade o local. Alén deso, se apoiou nunha asesoria para levar todo o tema fiscal. Tamén tivo o apoio da sua familia, que o arroupou e o animou a levar a cabo a sua idea de negocio. O 11 de Xullo de 2018 abriu as portas.

Arrincou con fondos propios, os cartos do seu bolsillo, para que nos entendamos, gastou no aluguer e na fianza, mobiliario (que no caso das clínicas de fisioterapia sole ser unha parte importante do investimento, porque leva maquinaria, camillas, …) e  arreglos no local. O suficiente para abrir as portas e empezar a ingresar coa idea de sempre ir buscando formas de mellorar.

Podo ver nas suas palabras e na sua mirada a inquietude por ser o mellor posible, por esforzarse e superarse.

Conseguiu un local de 49m2,  pouco a pouco foi aproveitando o espazo para ofrecer outros servizos necesarios. Chegou a acordos cun Psicólogo, unha Podóloga, unha Nutricionista e por suposto a parte de Fisioterapia, que pon el mesmo… Así que, agora podes atopar no mesmo lugar servizos de : estudo da pisada, quiropodia, pauta de dietas para diabetes, obesidade ou deportistas, mindfulness,… Se organizan por franxas horarias e compartindo axenda, cubren as horas do día segundo as demandas dos seus clientes. anaco desenvolvemento rural anaco desenvolvemento rural anaco desenvolvemento rural anaco desenvolvemento rural

Daniel Rodriguez presentando o seu proxecto anaco rural

Un dos seus clientes que maior volumen de traballo lle da é o Clube deportivo Korbis de Monforte. A cabeza non lle para e nos torneos de Volei praia que se organizan ofrecía sesións de fisioterapia gratuitas como premio, así empezou a entrar no clube. Agora atende unhas 150 fichas, con moita terapia preventiva, pero atende a quen o precisa, algún pai con dores aproveita a ocasión e achegasea a el. Algo terá que ver ese caracter tan cercano e amigable que ten, o que lle axudou a irse facendo un oco como profesional na vila. A xente relacionada de algunha maneira co clube xa o teñen como Fisio de referencia,  él failles desconto no prezo de consulta, é unha forma de captar pacientes para o seu negocio e de agradecer o contacto o clube.

O clube deportivo Korbis de Monforte anaco desenvolvemento rural

Como parece ser que ainda lle queda tempo, Daniel é Fisioterapeuta da Selección Galega de Voleibol. Cando hai competición, alí o podemos atopar, atento a saúde da equipa . O antigo fisio da Selección o coñecía e deu referencias de Daniel, dende a Federación fixeron unha chamada o Clube Korbis, e con estas referencias se decidiron por confiar en él.

Para pedir cita na sua clínica hai que chamar por teléfono ou achegarse o local, ten unha páxina web en proceso de creación, quere orientala como un blogue, para poder dar información que axude a xente a manterse san. Pode parecer que esto é atentar contra o seu medio de vida, pero nada más alonxado da realidade. Aportar coñecemento na sua área fai que se entenda a calidade profisional que hai detrás da persoa, e que cada vez máis xente confíe en el para os seus tratamentos. Ademáis, lle gusta o de facer entrevistas a deportistas de referencia no ámbito galego e poder compartilas no seu blogue.

Daniel nun dos torneos de voleivol pendente da equipa anaco desenvolvemento rural

Non para de aprender e formarse, el me di “ forma parte desta profesión”, non se pode dividir, a ciencia avanza e toca estar actualizado. Pero podo ver nas suas palabras e na sua mirada a inquietude por ser o mellor posible, por esforzarse e superarse. Leva un deportista dentro e reflexao na sua visión de negocio e de modelo de vida. Agora meteuse noutro proxecto, en colaboración coa UNED ( Universidade Nacional de Educación a distancia) vai dar formación e acompañamento os alumnos no traballo final.

Apoia o deporte galego non só dende o coidado da forma física, tamén colaborando con deportistas do nivel de Manuel Freire Rodriguez (canoista), Yelco Rodriguez (corredor distancia en montaña), Jairo Salgueiro ( paraolímpico salto de longitude e 100 metros lisos), Alejandro Losada (Taekondo). 

Daniel fai entrevistas en directo a deportista de primeiro nivel

A sua actividade se relaciona co rural no só porque abriu o seu negocio en Monforte e non na Coruña, senon ademáis porque moitos dos seus clientes son labregos, gandeiros e incluso vendimadores da Ribeira Sacra, madre del cielo! cando penso no traballazo que da a vendima e esta xentiña faino nesas costas tan fermosas e tan duras !… (só de o pensar parece que me doe algo o lombo a min tamén).

Cando fala do seu emprendemento fala de aprendizaxe continuo, non recorda ningún erro, non é que non se cometeran é que el non o vive como un fracaso o entende como unha oportunidade de aprender. Así, mellorou a forma de tomar decisións, en base a datos e non intuicións, conseguiu negociar mellor, a priorizar os proxectos nos que se comprometía, a falar en público, contar a sua idea de negocio, en fin, unha lista case infinita, en canto comprende que non deixará de aprender e de mellorar.

Me sorprende moito o tanto que sabe de negocios centrados no cliente ( Cliente Centrismo), o que sabe de xestión de proxectos e de Lean Startup ( Erik Ries), polo pouco consciente que é de elo.

O seu seguinte reto é estudar un Master en Dirección de Empresas, parece que descubriu unha nova paixón e que lle colleu o gusto a esto de levar o seu propio negocio.

Repoblación do rural, redistribución da poboación

Anaco Rural , imaxe freepik

En momentos como os que vivimos nos que vemos en risco a nosa saúde e observamos como os maiores focos da crise sanitaria se concentran nas cidades, [email protected] pensamos neses pobos que deixamos de nenos ou que xa deixaron nosos pais ou avós. Suspiramos pensando nunha forma de vida más saludable e nos espazos privados dos que non podemos disfrutar dende o noso piso de 70 metros sen terraza ( …xa che dixen que mercaramos con terraza Manolo, con terraza !)

Moitas veces pensamos nesa posible volta o rural, pero a maioría das veces queda en soño non cumprido. Este pensamento está hoxe en día máis de actualidade que nunca.

Casa Adora, As Muras, Pazos de Borbén

Falamos de saúde, de espazos e de tempos, porque a velocidade non é a misma na aldea, e de nada sirve idealizar un entorno, o que hai é que coñecelo. Nos lugares onde a natureza está tan presente, ela marca os nosos tempos, o tempo de sementar, o tempo de colleitar, o tempo de vendimiar.

Cada vez a poboación está máis concentrada, se hai anos eran os pobos os que iban quedando vaciados, nos últimos anos o problema traspasouse as vilas, estas foron acollendo poboación pero o modelo económico-político-social no que vivimos nos leva a acabar [email protected] nas cidades, cidades cada vez máis grandes, menos humanas, máis alonxadas da natureza.

“Concentración del capital en pocas manos, concentración de las industrias en polígonos y concentración de la población en ciudades para contar con una oferta de mano de obra abundante, barata, formada" Alipio J. García de Celis, profesor de Geografía Física de la Universidad de Valladolid.

Os grandes cambios migracionais non acontecen da noite o día, son procesos largos, pero o que era moito tempo fai dez anos acortouse neste novo mundo dixitalizado. Hai opcións a pensar que a volta a aldea é máis factible que nunca. O teletraballo, os prezos da vivenda e a calidade de vida son factores determinantes. Ahora ben, cómo se adaptarán estos migrantes dixitais a un entorno tan pouco dixitalizado, tan arraigado as tradicións. Como se adaptarán os autóctonos a estos novos habitantes do que sinten como seu. Abrese un debate sobre a necesidade de atopar solucións conxuntas a convivencia.

Uns precisamos dos outros, o aumento da poboación trae consigo mellora nos servizos, que haia alumnos para que non pechen os coles, que surxan novas necesidades, novos postos de traballo, en definitiva, que se movan os cartos dunhas mans as outras, e que se complete con actividades de lecer. Pero tamén trae problemas por creación de comunidades heteroxéneas, que lles custa chegar a un entendemento, que non aceptan distintas formas de vivir e convivir no rural. Temos o exemplo dos 220 Cottage ingleses queimados en Gales, do que nos fala Sergio del Molino, no seu libro ” La España Vacia”.

Todo está por reinventar, novos modelos de convivencia, nova utilización dos recursos, novos veciños nas aldeas. É momento de pensar que mundo construimos.

anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desarrollo anaco rural emprende desarrollo anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento anaco rural emprende desenvolvemento

Artesanía con corazón é alma

Revisamos con Brígida de Xearte Brigitte en Santiago o seu modelo de emprendemento

Nesta primeira entrevista falamos de emprendemento, de inversión, de clientes, de produto. Son todos puntos importantes que debes definir se estás pensando en emprender. O importante non é que teñas moreas de cartos, o importante é que teñas claro clarinete onde metelos, así que pensar antes de actuar vaiche aforrar miles de euros. 

Brigida Hermida é de Vila de Cruces, en Pontevedra. Alí siguen vivindo os seus pais, xa maiores, ela visitaos de cotío, dende Santiago sólo hai 40 minutos de coche. Reside en Santiago, é máis cómodo para ela, seguro que me diría “ quen ten tenda que a atenda”. É desas mulleres bravas, que saben decir o que pensan e o que sinten sen medos.

Marchou a Lérida para formarse e logo traballar, Licenciada en Inxeniería Agronoma,  Master en producción porcina, Master en Industria Agroalimentaria, esta rapaza non escatimou en rodearse de coñecemento, do da terra e do de fora, en definitiva, do que lle gustaba. Cando voltou a Santiago seguiu traballando de inxeñeira, entrou nunha cooperativa, asesorou a granxas e entrou no mundo do xeado. A ela, daquela, xa lle andaba un run run de emprendemento, traballar para ela mesma, adicarse o que lle apoixoaba.

Sumou a horta e os xeados e decidiuse polo mundo do Xeado artesanal, aproveitando o produto da terra. Sempre tendo claro que quería valorizar o produto, aproveitou o terreo dos pais, en Vila de Cruces, para proveerse a ela mesma dende a sua horta. Cando comezou a crecer tivo que escoller entre vender ou producir. Os seus pais non podían ter a horta na casa e non votarlle unha man, pero xa non están para esos trotes, así que ela decidiu que o mellor era buscar proveedores con producto de calidade e centrarse na elavoración dos xeados e a xestión da sua empresa.

Cando empezou a axuda que recibiu do IGAPE tardoulle 3 anos en cobrala, e cobrou un 50% do que esperaba. Alén diso, Brigida pensa que  “hai que ser votado para adiante”, as trabas administrativas desaniman a calquera, montar un negocio rentable por si mesmo, a axuda camdp chega agradecese para liquidar préstamos, pero non axuda nos inicios. Imaxínate, 3 anos despois, se espera pola axuda non abre. Esta é unha das melloras necesarias para animar os novos emprendedores.

Xearte Brigitte ten xa 6 anos, cada 14 de Xuño celebran o seu aniversario como unha grande vitoria, un ano máis dun sono cumprido. O seu  local non perdeu a sua esencia inicial e foille incorporando pequenas melloras, unha estantería por aquí, unha decoración por alí, non precisou de moito investimento despois de abrir.  Nos tres primeiros anos contratou  a duas persoas, a partir de ahí tivo que axustar plantilla, e ahora co Covid conta con media xornada. Abriu en Santiago, na rúa de San Pedro,  porque é unha tenda que necesita que moita xente lle pase pola porta, ainda que cada vez é unha compra máis pensada, o xeado é en principio un producto que consumimos por impulso.

  A web leva dende os seus inicios, a usa como unha tarxeta de visita ou unha ficha de presentación, non vende a través da páxina, a ela gústalle a cercanía cos seus clientes, se queren mercar poden achegarse a tenda, encargar por teléfono para recoller na mesma tenda ou pedir a domicilio se residen en Santiago. Este ano están a actualizar a  web, non para mercar a través de ela, senon para contar a sua historia, para acercarse a xente. O que empeza a sonar como Storytelling por ahí, non é máis que eso, detrás de cada empresa hai unha historia, e como consumidores queremos saber non só o que mercamos senon tamén a quen lle-lo mercamos. O famoso “E tí de quen ves sendo ?”

As entregas a domicilio incorporounas este ano, como adaptación o Covid. Ela pechou as portas dende o principio da pandemia, decidiu que seguiría atendendo os seus clientes que non querían baixar polo xeado, e  comunicou que entregaba a domicilio a través das Redes Sociais, Facebook principalmente. Traballa en colaboración con un autónomo de Santiago que se adica o reparto. Os pedidos recíbeos por chamada telefónica. Teñen unhas tarrinas isotérmicas que aseguran que as cualidades organolépticas do producto non se ven mermadas no traslado. Se vas facer unha viaxe máis longa, recomenda que encargues, así ela pode meterlle máis frío e asegurar a calidade do producto na hora de papalo.

Qué nos ofrece?

O 90% da venta está nos xeados, aquí hai pouca costume de granizados e batidos, nótase cando veñen os turistas do Sur de España, moito máis habituados o consumo destas refrescantes bebidas.  Este ano empezou cos gofres e o xeado quente, na procupa de poder dar un producto con máis demanda no inverno. O negocio ten unha estacionalidade marcada, comemos máis xeado no verán, pero xa hai un crecemento do consumo en inverno, é un consumo distinto. En Santiago en inverno non se come xeado na rúa. Imaxina, unha man o paraugas, outra o xeado, e onde levas o cativo ?. Encarganlle para levar a casa, ou cando teñen unha comida cos amigos ou a familia, igual que chegas co viño, podes aparecer co postre, e qué postre ! Unha desas chamadas preguntoulle se podía falar ca floristería da rúa para enviar un agarimo de frores e xeado, alí foi ela atender unha petición moi especial.

85% dos seus clientes  son de Santiago e destes a hostelería representa o 10%

Non dubida en mercar todo o que o rural lle ofrece, o leite nunha granxa de Lugo, ou o 100% galego de Feiraco, requeixo do Condado-Paradanta, queixo,  froita, mel, aromáticas como a menta,… Asegura sempre calidade e trazabilidade. Hai cousas que non consegue aquí, o cacao, a vainilla. A súa prioridade é a calidade e sabe que pode atopala no rural galego. Esto condiciona os sabores que ten en vitrina no día, dependendo da tempada ten que adaptarse para non renunciar a esa calidade.

Poderíamos pensar que estes xeados feitos con tanto coidado terían un prezo moi alto, pero ela prefiere acercar a calidade a todos os bolsillos, e manterse como un dos xeados artesanais máis baratos de Compostela

Xeados artesanos Xearte Brigitte

En Novembro pecha a porta, é un mes frío, e o descanso é necesario. Aproveita para ir a Feiras e seguir formándose. Sole acudir a Feira de Rimini (Italia) e a Intersicop en Madrid, aquí conecta con compañeiros do sector e inspirase para incorporar novidades. No 2018 incoroporouse a 20bajocero, un grupo de investigación de xeados a nivel español, un dos seus últimos encontros foi en Santiago. Nese ano tamén fixo o Master en heladería con premio especial o mellor traballo de investigación. Así conseguiu posicionarse como unha das maiores expertas xeadeiras a nivel nacional. 

Cando terminabamos a entrevista pregunteille se coñecía o Modelo de negocio Canvas, este mantra dos negocios que resume unha actividade empresarial analizando cada punto como: quén che compra,qué che compran, a través de qué canáis, con quén tes acordos, as actividades clave que realizas, a tua estructura de costes a tua fonte de ingresos. Brigida coñéceo moi ben, xa son moitos anos pensando no seu negocio, ela díceme “ quizáis os que teñen máis visión de negocio lles custa entender os conceptos do Canvas e é pode ser moi útil “. E, digo eu, ¿non será por que non llo explicaron na súa lingua?, non me refiro o galego, refirome a lingua das rúas, a das aldeas e pobos espallados polo noso rural, unha ferramenta que axuda a entender os puntos clave da túa actividade económica.

[su_gmap width=”600″ height=”400″ responsive=”yes” address=”Rúa de San Pedro, 70, 15703 Santiago de Compostela” zoom=”0″ title=”” class=””]

Video Brígida Xearte Brigitte

#desenvolvementorural , #desarrollorural, #anaco, #aldeanadigital , #ruraldevelopment , #emprendemento , #emprendimiento , #trabajo , #empresasrural , #rural